REVISTA DE CROA
A revista CROA naceu no curso 1987/88. Un grupo de alumnos de 3º BUP pedíronlle a Benito Paz Trelles, o daquela profesor de Galego dos alumnos maiores, a creación dunha modesta revista escolar para canalizar as súas inquietudes sociais e artísticas en galego. Continuaba a experiencia comezada en anos anteriores con outros boletíns ou revistas como "Veleiquí". Como tantas outras revistas escolares, comezou con moi poucos medios e recursos e facíase mediante fotocopias e multicopista. Co paso dos anos foi ganando peso e todo o colexio comezou a asumir que CROA era a súa revista, e iso redundou en que o colexio comezou a ceder máis medios e recursos para que fose mellorando en calidade da edición.