A nosa biblioteca escolar cumpre varias funcións: a de centro de lectura e fonte de recursos literarios para os nosos alumnos e alumnas de todas as etapas, e a de centro de aprendizaxe no que docentes e estudantes están comprometidos coa lectura e a información en diversidade de soportes.
A biblioteca do colexio está dirixida polo Equipo de Biblioteca, que coordina Mariluz Díaz e Belén Estrada. O Plan Lector, elaborado polos membros do equipo, verte todo o relacionado coa lectura no centro e fixa os obxectivos, procedementos e recursos necesarios para conseguir unha implantación total da lectura nos nosos estudantes non só como método de traballo e expresión senón como fonte de pracer e benestar.
O servizo de préstamo, coordinado por Jesús Díaz, preocúpase de que todos os alumnos e alumnas de Educación Primaria accedan regularmente aos títulos que desexan e vela por adecuar os contidos literarios ás idades correspondentes.