Equipo directivo EDE
O Equipo Directivo Educativo é o órgano encargado de xestionar todo o relacionado coa actividade escolar e académica do centro.
Está conformado, en primeiro lugar, polos tres membros do EG do centro (Equipo de Xestión): o Representante da Titularidade (Padre Javier Agudo), a Xerente (Ángela Travieso) e o Director Xeral (Alberte Velo).
Tamén son membros do EDE a Xefa de Estudos ESO-BACH (Marta Padín), o Director de EI e EP (David García) e a Coordinadora de EI (María Otero), que dan voz ás distintas etapas educativas do colexio.
Os coordinadores dos distintos Departamentos tamén forman parte do Equipo Directivo: Departamento de Orientación (Iria Padilla), Departamento de Acción Social (Adrián Eguizábal), Departamento de Pastoral (Nerea Pena) e Equipo de Calidade (Ana Martínez).